Palleira Rúa Mar 39

Imaxe principal
Palleira a Rúa do Mar 39

Ficha


Este palleira presenta unha tipoloxía de pedra e unha orientación Norte-Sur. Situada a carón do muro de ribeira, érguese sobre unha eira de pedra que antigamente se empregaba para a malla do cereal.

O hórreo ten tres pares de pés cadrados e descanteados dunha dimensión aproximada de 1,03 m de altura e 28 cm de lado. Sobre eles aséntanse os tornarratos (17cm de alto x 85 cm de diámetro).

A cámara (4,69 x 1,37 x 2,35 m) posúe dous claros con dous linteis de lonxitude irregular (2,34 m e 2,35 m) e cunha altura de 32 cm.

Na grade presenta tres traveseiros de 1,92 m de ancho e 10 pontóns de eucalipto (5 de 2,25 cm e 5 de 2,30).

Tanto os costais como os penais están compostos por doelas prismáticas de pedra dispostas de xeito vertical. Dispoñen de fendas entre elas para facilitar a aireación. O costado Sur consta de dous corpos de doelas de 6 unidades cada un. Os penais do Leste e do Oeste levan cinco unidades de doelas. O costado norte está formado por dous corpos, unha de dúas e outra de tres.

Está palleira ten a característica de posuír dúas portas, xa que antigamente era compartida por dúas familias. Están construídas en madeira e pintadas de verde, e as súas dimensións son 94 x 73 e 92 x 74 cm. A porta situada máis ao leste parece incrustada nas doelas, polo que é posible que non formase parte da construción inicial.

Na súa parte superior, todo o perímetro da cámara leva unha cornixa duns 0,17 cm de alto en forma de cuarto de circunferencia na cara que voa ao exterior.

Os pinches dispoñen de fendas para a ventilación, e sobre eles sitúanse as sobrepenas, en cuxos extremos se erguen dous lampións en forma piramidal. No cumio presenta outro lampión, mais neste caso en forma de cruz.

Esta palleira foi utilizada pola familia da Pindurica ata o ano 2006 para almacenar patacas e cereais, mais na actualidade atópase en desuso.