Palleira A Laxe 52

Imaxe principal
Palleira A Laxe 52

Ficha

Hórreo situado na zona de A Laxe e cuxa tipoloxía é de cemento ao estar construído con materias máis recentes coma o ladrillo. Presenta unha orientación Norte-Sur.

Érguese sobre tres pares de pés cilíndricos cunha base en forma de bota. Os tornarratos presentan unha superficie plana e circular. Tanto os pes coma os tornarratos son de pedra.

A cámara está formada por dous claros, cada claro presenta dous corpos de doelas dispostos en catro fiadas, as doelas están feitas con ladrillos dispostos verticalmente e entres eles existen fendas para favorecer a ventilación. No costado oeste está situada a porta de entrada ao interior de hórreo, o material co que está construído é a madeira.

No pinche norte vese unha inscrición que indica o ano da construción 1930. No cumio érguese un lampión con forma piramidal.