Palleira do Peirao 2

Imaxe principal
Palleira do Peirao 2

Ficha

Palleira situada a caron do peirao da Rúa sobre o muro de ribeira. Presenta unha tipoloxía de madeira ao estar construída a súa maior parte por este material. A súa orientación aproximada Norte-Sur.

Esta palleira presenta tres pares de pes cilíndricos construídos enteiramente de pedra. Sobre eles asentanse os tornarratos de superficie plana e circular.

A grade complétase con tres traveseiros de madeira e catro pontón que soportan o chan, tamén de madeira, do hórreo. 

A cámara está enteiramente construída en madeira e está formada por dous claros, presenta unha cor vermella. Tanto nos costados como nas penais situanse as doelas en dous niveis, presentando fendas verticais para permitir a ventilación da palleira.

A cuberta está formada por un tellado en dúas augas, sendo o remates máis típicos da vila.