Palleira do Padrón

Imaxe principal
Palleira da eira do Padrón

Ficha

Esta palleira atópase a carón da praia do Padrón sobre unha das eiras mellor conservadas de Combarro. Ao estar construída con pedra e madeira, caracterizámola como palleira mixta. As madeiras dos costais, así como a porta, están pintadas de cor vermella. Consta de dous claros e presenta tres pares de pés de pedra coroados por tornarratos de superficie convexa cara o exterior, o que denota unha vontade ornamental. As doelas, que presentan fendas verticais co fin de permitir a ventilación, preséntanse a dous niveis. A cuberta é a dúas augas e está coroada a ambos lados por dous lampións que, enriba das sobrepenas, a presiden en forma de cruz.