Software libre


A orixe do software libre comeza case no principio da informática, cando os programadores intercambiaban libremente as súas ideas, consellos e código fonte. Pouco a pouco, isto foise reducindo segundo as empresas (e ás veces as propias universidades) poñían obstáculos neste libre intercambio de coñecementos, empregando as leis de propiedade intelectual e de patentes para isto.

A idea moderna de software libre comezou despois de que en 1983, Richard Stallman inicia o proxecto GNU, e nos seguintes anos, fóronse formulando diversos conceptos ideolóxicos e filosóficos, como as catro liberdades.

O código fonte do proxecto Palleira.gal está baseado en Drupal, unha peza de software liberado baixo licenza GPL.

Acceso código fonte do proxecto
logotipo gnu

Logotipo Creative Commons

Licenzas, acceso aos datos e liberdade !

Tódolos datos, textos e imaxes do proxecto están liberados baixo licenza Creative Commons. En concreto, baixo o formato BY-SA, que garantiza a reutilización dos datos e a apertura do proxecto, incluso con fins comerciais, mentres se respecte a autoría, e as novas obras se distribúan baixo as mesmas condicións.

Cremos no software e na cultura libre. Promovemos a liberdade na distribución das nosas aportacións á sociedade, e tamén, por suposto, na modificación das mesmas.