Palleira.gal é un catálogo dixital aberto de elementos patrimoniais presentes no conxunto histórico artístico de Combarro. Todos eles, documentados, clasificados e xeolocalizados con mapas libres.
Ao tratarse dun catálogo dixital aberto, o acceso aos datos non está restrinxido unicamente á súa visualización neste sitio web. O acceso aos datos en distintos formatos é libre, e gratuíto.
Palleira.gal é un proxecto libre. A súa base tecnolóxica, e os seus compoñentes: mapas, imaxes, documentos, xestor de contidos, etc. están publicados baixo licenzas libres.
Asociación Xeopesca - Termos e condicións de uso
Feito en Combarro, Melide, Ames e Mugardos con paixón e software libre.